A II guerra mundial e a organización da paz

1.- Unha das teses historiográficas sobre o fin da orde internacional xurdida da Iª GM e en consecuencia sobre as orixes da 2ª GM, responsabiliza ao expansionismo dos Estados totalitarios (III Reich). No que respecta a Europa, fálase dunha escalada das tensións motivada polo revisionismo do Tratado de Versalles (1919) que culminaría nos Acordos de Múnich das potencias europeas (1938), co resultado: 1) da anexión dos Sudetes; 2) da mutilación dun Estado democrático soberano como Checoslovaquia; 3) as dous son correctas.

2.- A ocupación de Checoslovaquia (antiguos territorios do Imperio Austro-húngaro) polo exército alemán ao ano seguinte do Ancluss (amexión de Austria) e as alianzas defensivas entre Francia e Polonia (outro Estado novo xurdido da Conferencia de París) e de Francia con Gran Bretaña, porán fin as estratexias diplomáticas destes últimos, supostamente inspiradas nun espíritu pacifista sen concurso da SdN, que pasan a Historia como políticas: 1) de apalancamento; 2) de apazugamento; 3) de pasteleo.

3.- Outra das viraxes diplomáticas que abriron o camiño cara a guerra foi o pacto xermano-soviético coñecido como o Protocolo secreto Ribbentrop-Molotov (1939) que cuestionaba o mapa politico xurdido da 1ª GM (cfr., discontinuidade territorial da antiga Prusia e o colchón sanitario fronte á Rusia soviética) con acordos sobre un reparto: 1) de Polonia ; 2) dos países bálticos; 3) as dous son correctas.

4.- A invasión alemana de Polonia en septembro de 1939 foi o prólogo da 2ª GM. A fiabilidade internacional das potencias europeas occidentais, comprometidas polas súas recentes alianzas con Polonia, pesaron máis que o poder disuasorio do Pacto xermano-soviético. O casus belli nesta ocasión foi a reinvindicación territorial alemana :1) do corredor litoral de Danzig; 2) da rexión montañosa de Gdansk; 3) nengunha das dous é correcta.

5.- No desenvolvemento da guerra pódese distinguir unha fase inicial (1939-41) de dominio alemán que se identifica co “blitzkrieg” ou guerra relampo, táctica militar necesariamente selectiva, que sucesivamente padeceron, xunto ós países neutrais, Polonia e Francia. Precisamente a actitude militar pasiva de Francia e Inglaterra ata que lles tocou o turno é coñecida como:1) a cabalgata das walkirias; 2) a política do avestruz 3) a guerra tonta.

6.- Os éxitos bélicos de Alemaña (batalla de Dunkerque e ocupación de París, xuño de 1940) provocaron o aillamento de Gran Bretaña, a incorporación ao conflicto de Italia e a formación dun estado francés colaboracionista, coñecido como: 1) o Goberno Vichy; 2) a Francia de Pétain; 3) as dous son correctas.

7.- Derrotada Francia e frustrada a invasión do territorio británico (batalla aérea de Inglaterra), as iniciativas bélicas alemanas voltáronse de novo cara o leste (primeiro nos Balkáns e finalmente contra a URSS) e tamén extendéronse ó Norde de África. Entre as motivacións destas decisións militares están :1 ) o control da canle de Suez e a necesidade de materias primas; 2) compromisos adquiridos entre sí polas potencias do Eixo; 3) impresionar a Gran Bretaña e forzala ó armisticio.

8.- En decembro de 1941 un goberno xaponés crecentemente militarista que apostaba por un imperialismo excluínte no continente asiático (Declaración Amau, 1933) atacou por sorpresa a flota norteamericana en Perl Harbour (Hawai), conscente de que só os EEUU tiñan capacidade e vontade de impedilo (Cfr., Conferencia de Washington, 1921). Os planos militares xaponeses estiveron precedidos dunha alianza con Italia e Alemaña (1940) coñecida como:1) o Pacto de Aceiro ; 2) a Unión Patriótica; 3) o Triángulo Berlín-Roma-Tokio.

9.- As victorias aliadas en 1942 (O Alamein, Stalingrado) sinalan o devalo das potencias do Eixo, sen embargo, a contenda prolongaríase nunha guerra de desgaste que a prol do maior potencial demográfico e industrial só culminaría na primavera de 1945 coa caída de Berlín, tomada:1) polos occidentais; 2) polos soviéticos; 3) simultaneamente, por acordo previo.

10.- Tamén o ano de 1942 resultou decisivo para a guerra no Pacífico (victoria USA en Midway), na medida en que permitiu reconquistar os territorios ocupados polos xaponeses, sen embargo, a solución definitiva fíxose esperar polo endurecemento das resistencias unha vez alcanzado o territorio nipón. A petición da paz viu forzada polas explosións atómicas en Hiroshima e Nagasaki decididas polo Presidente norteamericano: 1) Roosevelt; 2) Truman; 3 )MacArthur.

11.- As consecuencias da guerra póñense de manifesto con reparar tanto na extensión do conflicto a tódolos continentes e no baldimento de recursos materiais e humanos (estes últimos calcúlanse en 60 millóns) como na súa crueldade (bombardeos indiscriminados, deportacións masivas e o xenocidio xudío). Na recuperación de Europa o protagonismo norteamericano púxose de manifesto a través: 1) da concesión de créditos ; 2 ) do chamado Plano Marshall; 3) as dous son correctas.

12.- Trala fin da guerra fíxose evidente o declive político, económico e moral de Europa non só a nivel mundial (procesos de descolonización), senón tamén no propio continente (formación do “telón de aceiro” ou repartición de Europa en áreas de influencia polas superpotencias USA e URSS). Aínda así, o mapa político europeo non experimentaría cambios tan radicais como na Conferencia de París. En 1945, a nova orde internacional foi deseñado nas Conferencias de: 1) Ialta e Postdam; 2) San Francisco e Terranova; 3) Londres e Moscova.

13.- Xa durante o transcurso da guerra viuse a necesidade de recuperar o espíritu da SdN. O proxecto culminaría coa redacción da Carta das Nacións Unidas en xuño de 1945 e entre os seus obxetivos merece salientar a paz e a seguridade internacional, o respecto dos dereitos humanos e das liberdades fundamentais e a cooperación económica e social. Unha das razóns da súa maior eficacia respecto da SdN non é outra que contar:1) cunha forza militar de intermediación; 2) con soldados dos PPMM baixo bandeira da ONU; 3) as dous son correctas.

14.- Na estructura orgánica das UN, xunto ós órgaos de decisión e de debate (Secretario, Asemblea e Consello de Seguridade con sede en Nova YorK) e do Tribunal da Haia, existen unha serie de comisións, axencias e organismos especializados como:1) a Unesco e a Unicef; 2) a FAO e a OMS;3) as dous son correctas.

15.- Un dos primeiros problemas cos que tivo que enfrontarse a ONU foi a creación do Estado de Israel. No Plano de partición das UN (1947), xunto á delimitación das zonas xudea e árabe e á localización dos asentamentos duns e outros nos territorios alleos, recoñécese: 1) o principio de igualdade na extensión das zonas e no número dos asentamentos; 2) o principio de igualdade na continuidade territorial; 3) o estatuto de Xerusalenm como cidade internacional.

16.- Ó remata-la 2ª GM só hai duas superpotencias (USA e URSS), que ademais o son a escala mundial. A súa influencia territorial é consecuencia da súa gran capacidade demográfica e industrial como sen dúbida tamén:1) do seu monopolio nuclear; 2) da súa complementariedade ideolóxica; 3) das súas historias nacionais paralelas.

17.- Os primeiros desacordos entre as superpotencias maniféstanse en 1947 (Alemaña, Grecia, e Turkía) e reflicten a contradicción de intereses entre potencias con cosmovisións políticas e económicas radicalmente dispares. O chamado bloque occidental identifícase con: 1) a Doutrina Truman e o Plano Marshall; 2) OTAN ou NATO; 3) as dous son correctas.

18.- O bloque comunista, nun exercicio de reacción simétrica ao bloque liberal capitalista, caracterízase institucionalmente pola creación da Kominform, do Comecon e do: 1) Exército bermello; 2) Pacto de Varsovia; 3) nengunha das dous é correcta.

19.- O Plano Marshall (1948-52), axuda económica americana para a reconstrucción postbélica de Europa, mais tamén cunha dimensión política (dete-la extensión do comunismo favorecida pola explosiva situación social derivada das penalidades da guerra) foi aceptado por 16 países que constituiron a OECE. Os principais beneficiarios foron en termos absolutos:1) Inglaterra e Francia; 2) Italia e Polonia; 3) os países do BENELUX.

20.- A Alemaña vencida dividiuse en 4 zonas de ocupación militar (soviética, francesa, británica e norteamericana). A capital Berlín ,que estaba na zona soviética dividiuse a súa vez en 4 sectores. O bloqueo de Berlín por parte da URSS respostaba ás diferencias dos aliados na interpretación dos acordos de Ialta respecto da futurible reunificación de Alemaña. A crise, sobre non lograr o abandono occidental da cidade de Berlín, rematou co nacemento de dous estados alemáns, a RFA e a : 1) República Socialista ; 2) República Democrática; 3) Republica soviética.

Advertisement

Dejar un comentario

Aún no hay comentarios.

RSS de los Comentarios Identificador URI de TrackBack

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.