O MUNDO NA 2ª 1/2 DO S.XX: DESCOLONIZACIÓN E BIPOLARIZACIÓN

1.- Unha das consecuencias máis importantes da II GM foi o inicio do proceso de descolonización, é dicir, do acceso á independencia daqueles países que estaban sometidos ao rexime colonial. Cronolóxicamente extendeuse: 1) desde 1945 a 1975; 2) paralelamente á guerra fría e á distensión da coexistencia pacífica; 3) as dous son correctas.

2.- O acceso á independencia non implicou necesariamente a autonomía económica ou cultural. Na nova situación as antigas colonias son agora países subdesenvolvidos de economía dependente, que se manifesta a través dun comercio desigual (venda de materias primas e de pobres a cambio de manufacturas). Trátase, pois, dun fenómeno de: 1) neo-foralismo; 2) neo-colonialismo 3) neo-capitalismo.

3.- A primeira vaga descolonizadora iniciouse en Asia. No subcontinente indio a loita pola independencia do Imperio británico coñecera fitos como o Pacto de Lucknow (1916), de converxencia dos nacionalistas hindúes do Partido do Congreso (Nehru) e da Liga Musulmana (Alí Khinnah). O movemento adquiriu un gran desenvolvemento no periodo de Entreguerras arredor de:1) Mahatma Gandhi; 2) Indhira Gandhi; 3) Rajiv Gandhi.

4.- A independencia do Indostán en 1947 non impediu a división de hindúes (Unión India) e de musulmáns (Pakistán e Bangla Desh) como mal menor dunha violencia:1) que costou a vida do propio Gandhi; 2) millóns de desprazados; 3) as dous son correctas .

5.- O proceso de independencia de Indonesia (1949) é representativo dentro do escenario asiático: colonia europea ocupada polo xaponeses que finalmente derrotados lle permite rexeitar o estatuto neocolonial ofertado pola metrópoli (neste caso, o Reino de Holanda). O primeiro Xefe de Estado desta República islámica foi:1) Sukarno; 2) Suharto; 3) U Thant.

6.- A colonia francesa de Indochina tamén coñeceu trala II GM unha proclamación unilateral de independencia (Ho Chi Minh). A guerra prolongouse ata os acordos de Xenebra de 1954 que dividiu o territorio en 3 novos Estados: 1) Vietnam, Malasia e Siam; 2) Vietnam, Laos e Camboia; 3) Vietnam, Thailandia e Tonkín.

7.- A segunda vaga de descolonización extendeuse polo norte de África. Libia, excolonia italiana e baixo a tutela da ONU desde 1946 obtivo a súa independencia en 1951. Nas colonias francesas do Mogreb (Marrocos, Alxeria e Tunisia) a presión popular independentista desde 1954 tivo respostas máis ou menos represivas da metrópoli en función:1) da unidade ou non dos políticos imperialistas; 2) da antiguidade do establecemento colonial; 3) da proximid.ade xeográfica ao territorio de Francia.

8.- A vaga descolonizadora pola África subsahariana extendeuse desde 1958 (Ghana) a 1977 (Namibia) e supuxo o desmantelamento dos imperios británico e francés, malia a adoupción de estratexias descolonizadoras diferenciadas (de autogoberno e de integración plena, respectivamente). A Commonwealth ou asociación do Reino Unido coas excolonias é unha institución: 1) política; 2) económica; 3) lingüística e cultural.

9.- En África alternaron os procesos de transición pacíficos cos violentos. Especialmente conflictivo foi a independencia das colonias portuguesas. Outras independencias complicadas, ainda que con diferencias entre sí, foron:1) as de Guinea e Senegal; 2) Kenia e Congo; 3) Somalia e Rodhesia.

10.- A descolonización implicou a aparición de novos actores políticos á marxe dos bloques socialista e capitalista enfrontados nos anos da guerra fría, tal como se manifestou na Conferencia de Belgrado (1961) co Movemento de Países Non-aliñados. A afirmación do dereito de autodeterminación que recolle a Carta das UN foi unha reinvindicación da 1ª Conferencia de Países Afroasiáticos (1955) celebrada en: 1) Bandung; 2) Pekín; 3) Trípoli.

11.- Rematada a II GM e malia os conflictos abertos como resultado da diferente interpretación dos acordos de Ialta (Grecia, Berlín, etc.), o primeiro enfrontamento entre as superpotencias con manifestacións bélicas tivo escenario asiático (guerra de Corea, 1950-53). O armisticio de Pammujon deixaba as cousas como no momento da rendición dos xaponeses ante rusos e americanos, un país dividido en dous Estados: 1) polo paralelo 42; 2) polo paralelo 38; 3) polo meridián 190 lonx E.

12.- A morte de Stalin en 1953 e o proceso de desestalinización subseguinte (XX Congreso do PCUS) favoreceu a transición cara a unha distensión nas relacións internacionais da chamada “guerra fría” (doutrina Truman e idanovismo). O novo marco internacional no que as superpotencias recoñecían os seus liderazgos nos seus respectivos bloques de aliados foi cualificado historiográficamente como: 1) de resposta flexible; 2) de coexistencia pacífica; 3) de contubernio antinatural.

13.- As tensións no interior de cada bloque puxeron en evidencia máis a suposta homoxeneización que a xerarquización dos mesmos, só cuestionada a partir da autonomía nuclear (Gran Bretaña, Francia, R.P. De China). Dous acontecementos que exemplifican esta consolidación do liderazgo americano e ruso foron en 1956:1) a crise da canle de Suez e a invasión de Budapest; 2) a guerra dos Seis Días e e a guerra do Yom Kippur; 3) a invasión de Checoslovaquia e a crise de Cachemira.

14.- Outras crises internacionais, xa na década dos 60 foron a construcción do Muro de Berlín (1961) e a crise dos misiles de Cuba (1962), nas que os bloques a través das súas superpotencias mediron as súas capacidades de presión diplomática. Os Xefes de Estado de USA e da URSS neses históricos momentos eran:1) Eisenhower e Molotov ;2) Kennedy e Kruchev; 3) Jonshon e Breznev.

15.- O final da guerra de Indochina (1954), Vietnam dividiuse en dous polo paralelo 17. En Vietnam do Sul, o goberno autoritario provocou a aparición dunha resistencia armada ou “vietcong”; así como a expansión comunista do norte favoreceu a intervención americana (1960-1973). A unificación baixo o goberno de Hanoi tivo lugar en :1) 1975; 2) 1980; 3) 1985.

16.- A URSS pola súa banda, apoiou militarmente a países africáns (Angola, Etiopía) e hispanos (Nicaragua) enfrontados co liderato capitalista; mais tamén para mante-lo equilibrio con USA interveu en Afganistán (1979-1989), malia a condea da ONU, dos Países Non-aliñados e: 1) do movemento dos budistas talibáns; 2) da Liga Islámica; 3) dos fundametalistas hindús.

17.- Ata mediados do s.XX os grandes grupos petroleiros eran norteamericanos, británicos e holandeses. A partir de 1960 coa fundación da OPEP comenzaron os países productores a idear unha política común. En outubro de 1973 o petróleo convirteuse nunha arma política. O factor desencadeante foi:1) a revolución iraní de Khomeini; 2) a invasión de Kuwait; 3) a guerra árabo-israelí do Yom Kippur.

18.- Coas crises dos prezos do petróleo de 1973 e de 1979 o mundo occidental decatouse da súa dependencia respecto desta fonte de enerxía; denante esta situación e co fin de reparti-la os países desenvolvidos crearon: 1) un Comité de Administración da Crise ; 2 )unha Diputación Xeral de Emerxencias; 3) unha Axencia Internacional da Enerxía.

19.- A revolución que derrocou á dinastía Pahlevi e instaurou a República Islámica en Irán enmárcase no contexto do rexeitamento polos países islámicos do neocolonialismo occidental. Este descontento manifestouse nunha volta ó sentido estricto do Corán tanto no relixioso como no político. Exemplos de fundamentalismo islámico son:1) os Irmáns musulmáns e a Fronte Islámica de Salvación; 2) Hezbolá e Hamas; 3 ) as dous son correctas.

20.- A política de “firmeza” e de desafío armamentista do Presidente USA, R. Reagan acelerou as contradiccións internas do bloque soviético. O fracaso das reformas (perestroika e gladnost) de Gorbachev (Secretario do PCUS) e o Golpe de Estado de 1991 provocou a desaparición da URSS sustituida pola: 1) Comunidade de Estados Independentes; 2 ) Confederación de Estados Soberáns; 3) Sociedade de Estados Solidarios.

Advertisement

Dejar un comentario

Aún no hay comentarios.

RSS de los Comentarios Identificador URI de TrackBack

Deja un comentario

Fill in your details below or click an icon to log in:

Logo de WordPress.com

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Cambiar )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Cambiar )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Cambiar )

Connecting to %s

Seguir

Get every new post delivered to your Inbox.